Image
Seila Méndez González
Psicóloga Xeral Sanitaria con formación en Trauma e Apego, así como en Trastornos Alimentarios
- Nº de Rexistro G-6024
- Graduada en Psicoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela (USC)
- Máster en Psicoloxía Xeral Sanitaria pola Universidade Internacional da Rioxa (UNIR)
- Máster en psicoterapia integradora en trauma e Apego pola Universidade a distancia de Madrid (UDIMA)
- Formación en Nivel I pola Asociación de EMDR de España
Cursos de especialización:
- Experta en Psiconutrición e Trastornos da Conduta Alimentaria polo Centro Norte Salud, impartido por Cristina Andrade e Griselda Herrero
- Formación no “Mundo Interno dos Trastornos Alimentarios” polo Centro de Psicoterapia e Trauma de Natalia Seijo
- Formación en Técnicas de Terapia Breve polo Centro de Psicoterapia Andainas
- A relación terapéutica como mecanismo de cambio impartido polo Dr Juan José Macías
- Historia de resistencia: respostas narrativas ao trauma, polo Grupo de Traballo de Psicólogos dos CIM`S a través do Colexio Oficial de Psicólogos de Galicia
.............................................................................................................................................................................................
``Atendo unha gran diversidade de problemas na poboación adulta e adolescente. O máis importante para min é crear un espazo seguro para o paciente, onde colaboremos nun traballo que nos permita potenciar os seus recursos persoais e avanzar cara os valores. que son importantes na súa vida``.