Que é un trauma?

A palabra trauma deriva do grego e significa ferida. Segundo os criterios de diagnóstico DMS-5, o trauma implica a exposición á morte, lesións graves ou violencia sexual, xa sexa real ou ameazada. É dicir, un suceso que ameaza a nosa integridade física ou psíquica e a nosa seguridade. Ocorre que estas circunstancias concretas non sempre teñen que darse para que unha persoa desenvolva síntomas postraumáticos (incluso persoas que as sufriron non teñen por que desenvolver estes síntomas), polo tanto, un trauma é máis obxectivo e depende de como vive cada persoa un determinado acontecemento.

O noso cerebro ten a función, entre outras moitas, de almacenar as nosas experiencias na memoria a longo prazo. O que fai é integrar toda a información asociada ás experiencias (sensacións, estímulos, crenzas, emocións…) e almacenala en conxunto para poder acceder a ela con fluidez. Pode ser que algunha experiencia xere tanto estrés ou emoción tan alta que este procesamento estea bloqueado e non estea ben integrado na memoria.